domingo, 10 de febrero de 2008

Comentario sobre a película Jackie Brown de Tarantino 2

4. OS PERSONAXES.
Na primeira parte da película, preséntanse os personaxes. A duración da cinta (máis de dúas horas e media) permite unha recreación dos protagonistas, algunha incluso semella excesiva, caso de Ordell, pero tamén imprescindible para entender a súa maneira de actuar posterior. Os papeis principais son:

Jackie Brown: Azafata negra de 45 anos que vive unha situación laboral precaria, polo que ten que buscar outras fontes de ingresos a través da súa colaboración coa banda de Ordell, a quen lle fai contrabando de divisas. Pero descúbrena e vese asediada polos delincuentes e a polícia ao mesmo tempo. Está atrapada.

Ordell: Despiadado traficante de armas que se atopa con problemas cos seus subordinados. Desfaise de Beaumont porque canta á policía, pero non pode con Jackie Brown. Os seus colegas, Melanie e Louis Gara tamén o queren enganar.

Max Cherry: É un axente de fianzas, un ser perdido que conecta con Jackie Brown. Axudaranse mutuamente e a azafata terá nel o seu mellor apoio para saír do embrollo no que se meteu. Ao final xurde unha especie de amor entre eles.

Melanie: A inxenua rapaza, sempre vestida con roupa de praia, que vive con Ordell a quen quere enganar xunto con Louis Gara, que finalmente a asasina.

Ray Nicolette: Policía de aduanas que vixía a Jackie Brown e que lle ofrece o trato para desenmascarar a Ordell. As súas maneiras para convencer á azafata rallan ai legalidade e amosa na un policía que fará o que sexa para conseguira súa presa, sen importarlle para nada o que lle poida pasar a Jackie Brown.

Louis Gara: Foi compañeiro de celda na prisión de Ordell ea gora volta para xuntarse co seu antigo compañeiro tras cumprir una condena de catro anos por atraco a man armada.
Mark Dargus: Detective da policía que segue a pista da azafata Jackie Brown por introducir diñeiro de contrabando no país para Ordell.

5. ESTILO.
Existen dúas partes diferenciadas. Unha primeira na que se presentan os personaxes. Na primeira escena, Jackie Brown, acompañada pola música das películas de acción, desprázase polo aeroportos obre unha cinta automática, a continuación ponse acorrer e acaba fichando no traballo e collendo os billetes dos pasaxeiros; o prólogo de case 15 minutos con Ordell é imprescindible para comprender a trama posterior.

Ao mesmo tempo que caracteriza aos personaxes (Jackie Brown é capturada e aparece o axente de fianzas Max Cherry que empezan a coñecerse e a entenderse mutuamente), constrúese a intriga da película, unha segunda parte onde se misturan tres historias diferentes e cunha secuencia final complexa pero efectiva.

6. CARACTERÍSTICAS.
Hai unha serie de elementos singulares que caracterizan esta película :

- Unha excelente banda sonora con cancións dos anos 70, acorde coa atmósfera que pretende darlle o autor á película.
- Os diálogo son escuetos, onde abunda o humor negro e sutil. Na maioría dos casos, os temas son banais, incluso profundízase.
- A existencia da violencia e o sangue é unha constante no cine de Tarantino.
- Un guión ben resolto e escrito, baseado nunha novela de Elmore Leonard está ben escrito.
- É un xénero non moi utilizado nos últimos anos, como é o do xénero negro
- Ritmo narrativo aceptable, capaz de enganchar pero que perde forza ao final

7. O HIPERTEXTO.
Aparece na segunda parte da película, cando se desenvolve a intriga:

1) A intriga da película ocupa o eixo central da segunda parte e que se nutre de tres historias que irán despregándose a medida que pasan os minutos.
- Os protagonistas dunha das historias son os delincuentes (Ordell e Louis Gara).
- A policía desenvolve outra das tramas.
- Jackie e Max lideran a última.
As tres historias teñen o seu fío, pero vanse entremezclando unhas coas outras. Nútrense as historias e chocan as personaxes. É unha maraña complexa con tres narracións que sofren dous momentos importantes:
- o asasinato de Melanie
- a segunda entrega do diñeiro nuns probadores de roupa (aquí os feitos nárranse dun xeito minucioso e desde tres puntos de vista diferente)
2) A megasecuencia que relata o cambio do diñeiro no probador dunha tenda de mulleres. O tempo cinematográfico é maior que o tempo físico que ocupa a acción porque o importante é que se vexan as tres diferentes perspectivas desde as que se ve a acción. É a exploración doutros puntos de vista. Non hai tempo real. Só existe a percepción de cada un dos protagonistas e vanse sucedendo ata que o espectador se fai unha composición de lugar completa con diferentes puntos de vista. É unha composición fóra do tempo, voltándose atrás unha e outra vez, desde outros ángulos da cámara, ata completar o sentido coral da acción.

Comentario sobre a película Jackie Brown de Tarantino

1. BIOGRAFÍA.
Quentin Tarantino naceu en Knoxville (Tennessee) en 1963. Guionista, director e actor estadounidense, fíxose moi popular durante a década de 1990 como guionista. A pesar da súa corta carreira, considérase como un dos iconos do cine independente de EEUU e as súas películas móvense entre a polémica.

Tarantino deuse a coñecer grazas a True Romance (Amor a queimarroupa en España). Tamén escribiu o guión genuino de Natural Born Killers (Asesinos natos). A estrea de True Romance deulle a Tarantino a oportunidade de trabar amistade co produtor Lawrence Bender, que o animou a dirixir Reservoir Dogs(1992) e Pulp Fiction (1994). Esta última fíxose coa Palma de Ouro no Festival de Cannes. En 1997 dirixiu Jackie Brown, basada na novela de Elmore Leonard e na que actuou Pam Grier como protagonista. Estreou Hill Hill en dúas partes separadas, o 2003 e 2004. A súa última película é Grindhouse (2007).

2. A PELÍCULA.
Jackie Brown é unha película de de 154 minutos feita en 1997. É a terceira que dirixe Quentin Tarantino. Os actores principais son Pam Grier, Robert Forster, Robert de Niro, Samuel L. Jackson, Bridget Fonda e Michael Keaton.

3. O ARGUMENTO.
Jackie Brown é unha azafata de voo que, necesitada de diñeiro, traballa para Ordell, un mafioso buscado pola policía. Un día é sorprendida na aduana facendo tráfico de divisas. A policía ofrécelle un trato para non ir ao cárcere. Vese atrapada e, coa axuda do seu pagador da fianza, Max, idea un plan para quedarse con medio millón de dólares e para desfacerse, ao mesmo tempo, da policía, de Ordell e dos subalternos de Ordell que teñen un plan alternativo ao do seu xefe.

Comentarios del libro "Los Viajes de Gulliver" 9. Conclusión final

Gulliver ten unha actitude filosófica ante as súas venturas e desventuras. Enfróntase ás novidades e ás personaxes con interese e sen malicia. Desde un punto de vista do hipertexto, o lector ve, oe e experimenta a través dos seus sentidos. Tamén é narrador, a través do autor e das súas opinións. Por veces, é educado. Outras non cre na raza humana. Ás veces, Gulliver obriga ao lector a estar atento, a pensar o que está lendo. A ser propietario do que se está a contar.

Comentarios del libro "Los Viajes de Gulliver" 8

J. TRAER DO PASADO A PERSONAXES HISTÓRICOS E MANTER CONVERSAS CON ELES PARA DESCUBRIR A VERDADE DAS SÚAS HISTORIAS E PERSONALIDADES. Posibilidade de que a través desta idea se poida construír un hipertexto.
CAPÍTULO 3. VIAXE A LAPUTA, BALNIBARBI, LUGGNAGG, GLUBBDUBDRIB E O XAPÓN.
Páxina 103: “A súa alteza o gobernador ordenoume que chamase de entre os mortos a calquera persoa que se me ocorrese e no número que quixese, desde o principio do mundo ata o tempo presente, e lle mandase responder ás preguntas que tivera a ben dirixirlles, coa condición de que as miñas preguntas se reduciran ao período dos tempos en que viviron. E agregou que unha cousa en que podían confiar era en que me dirían a verdade, pois o mentir era un talento sen aplicación ningunha no mundo interior.

Expresei a súa Alteza o meu máis humilde recoñecemento por tan gran favor. Estabamos nun aposento desde onde se descubría unha bela perspectiva do parque. E como a miña primeira inclinación levárame a admirar escenas de pompa e magnificencia, pedín ver a Alexandre o Grande á cabeza do seu exército inmediatamente despois da batalla de Arbela; o que, a un movemento que fixo cun dedo o gobernador, apareceuse inmediatamente nun gran campo ao pé da fiestra na que estabamos nós. Alexandre foi chamado á habitación; con grandes traballos puiden entender o seu grego, que se parecía moi pouco ao que eu sei. Aseguroume pola súa honra que non morrera envenenado, senón dunha febre a consecuencia de beber con exceso.

Logo vin a Anibal pasando os Alpes, que me dixo que non tiña unha gota de vinagre no seu campo. Vin a César e a Pompeio, á cabeza das súas tropas, dispostas para acometerse. Vin ao primeiro no seu último gran triunfo. Pedín que se aparecese ante min o Senado de Roma nunha gran cámara, e noutra, fronte por fronte, unha Xunta representativa moderna. Antoxóuseme o primeiro unha asemblea de heroes e semideuses, e á outra, unha colección de bucaneiros, rateiros, salteadores de camiños e rufiáns.

O gobernador , ao meu rogo, fixo un sinal para que avanzasen cara nós Cesar e Bruto. Sentín subitamente profunda veneración á vista de Bruto. No súa faciana tódalas faccións revelaban a máis consumada virtude, a máis grande intrepidez, firmeza de entendemento, o máis verdadeiro amor ao seu país e xeral benevolencia para a especie humana. Observei con gran satisfacción que estas dúas persoas estaban en estreita intelixencia, e César confesoume francamente que non igualaban con moito as maiores fazañas da súa vida a gloria de quitarlla. Tiven a honra de conversar longamente con Bruto, e díxome que os seus antecesores, Xunius, Sócrates, Epaminondas, Catón o mozo, sir Thomas Moore e el estaban xuntos a perpetuidade; sextunvirato ao que entre tódalas idades do mundo non poden engadir un sétimo nome”.

COMENTARIO: É unha volta atrás no tempo desde un tempo presente, onde se producen unha serie de conversas con personaxes históricos que producen unha paréntese na historia de Gulliver. Ademais, as súas aportacións permiten ter unha visión diferente da historia da humanidade. É un feedback desde o presente, pero non queda moi claro en que tempo estamos: se no tempo de Gulliver ou no tempo das personaxes, aínda que eles aseguran que o seu tempo pasou e sen embargo parece que están na eternidade. Pode ser un hipertexto se atendemos a que non se produce unha acción nun momento atemporal. Pero non aporta nada de códigos diferenciados para a expresión.

Comentarios del libro "Los Viajes de Gulliver" 7

G. MÉTODO PARA MELLORAR O IDIOMA DE BALNIBARBI. Posibilidade de que a través desta idea se poida construír un hipertexto.
CAPÍTULO 3. VIAXE A LAPUTA, BALNIBARBI, LUGGNAGG, GLUBBDUBDRIB E O XAPÓN.
- Páxina 97: “O primeiro proxecto consistía en facer máis curto o discurso, deixando aos polisílabos unha sílaba máis, e prescindindo de verbos e participios; pois, en realidade, tódalas cousas imaxinables son nomes e nada máis que nomes”.

COMENTARIO: A creación dunha nova linguaxe aproveitando a lingua que xa existe e buscando reducir o número de sílabas a utilizar é unha forma de darlle a volta á comunicación. Créanse novos códigos e significados, retíranse unha serie de palabras que levan a acción ás frases e úsanse só nomes, complica as posibilidades comunicativas. E vai a facer necesario o uso de novos sistemas: non se falará únicamente, haberá xestos, referencia a obxectos, sons distintos ás palabras...É posible que a comunicación se faga a través de hipertextos.

H. MÉTODO PARA SUBSTITUÍR O IDIOMA DE BALNIBARBI POR UN SISTEMA BASEADO EN LEVAR AS COUSAS CONSIGO PARA REFERIRSE A ELAS NA CONVERSA SEN UTILIZAR AS PALABRAS. Posibilidade de que a través desta idea se poida construír un hipertexto.

CAPÍTULO 3. VIAXE A LAPUTA, BALNIBARBI, LUGGNAGG, GLUBBDUBDRIB E O XAPÓN.
- Páxina 97: “O outro proxecto era un plan para abolir por completo tódalas palabras, as que fosen; e defendíase como unha gran vantaxe, tanto respecto da saúde como da brevidade. É evidente que cada palabra que falamos supón, en certa maneira, unha diminución dos nosos pulmóns por corrosión, e, polo tanto, contribúe a reducir a vida; en consecuencia, ideouse que, sendo as palabras simplemente os nomes das cousas, sería máis conveniente que cada persoa levase consigo tódalas cousas de que fose necesario falar no asunto especial sobre que pensar. E este invento implantaríase, certamente, con gran comodidade e aforro de saúde para os individuos, de non haber as mulleres, en consorcio co vulgo e os ignorantes, ameazando con alzarse en rebelión se non se lles deixaba en liberdade de falar coa lingua, ao modo dos seus antepasados; que a tales extremos chegou sempre o vulgo na súa inimiga pola ciencia. Aínda así, moitos dos máis sabios e eruditos adheríronse ao novo método de expresarse por medio de cousas: o que presenta como único inconveniente o de que cando un home se ocupa en grandes e diversos asuntos vese obrigado, en proposición, a levar ás costas un gran talego de cousas, a menos que poida pagar un ou dous robustos criados que lle asistan. Eu vin moitas veces a dous destes sabios, case abrumados polo peso dos seus fardos, como van os nosos buhoneiros, encontrarse na rúa, botar a carga a terra, abrir os talegos e conversar durante unha hora; e logo, meter os utensilios, axudarse mutuamente a reasumir a carga e despedirse.

Mais por conversas curtas, un home pode levar os necesarios utensilios nos petos ou debaixo do brazo, e na súa casa non pode faltarlle o que precise. Así, na estancia onde se reúnen quen practica esta arte hai sempre a man tódalas cousas indispensables para alimentar este xénero artificial de conversas.

Outra vantaxe que se buscaba con este invento era que servise como idioma universal para tódalas nacións civilizadas, cuns mobles e útiles que son, por regra xeral, iguais ou tan parecidos, que pode comprender doadamente cal é o seu destino. E deste modo os embaixadores estarían en condicións de tratar con príncipes ou ministros de Estado estranxeiros para quen a súa lingua fose por completo descoñecida”.

COMENTARIO: Abolir as palabras e a falta co obxecto de crear unha lingua universal é unha tolemia e unha broma de mal gusto. E substituilo por un sistema que faga referencia directa aos obxectos que levas contigo, sendo tales obxectos dos que tes que falar permitirá, evidentemente, a creación dun hipertexto formado polos obxectos mesmos, pero tamén por xestos, sons inintelixibles... En nada se parecerá o código utilizado con palabras a un novo código que terá a urxencia do significado centrado nos obxectos aos que te queres referir.

I. MÉTODO PARA CREAR CÓDIGOS APROVEITANDO O IDIOMA QUE SE UTILIZA, PERO DÁNDOLLE UN SIGNIFICADO DIFERENTE AS PALABRAS OU LETRAS. Posibilidade de que a través desta idea se poida construír un hipertexto.
CAPÍTULO 3. VIAXE A LAPUTA, BALNIBARBI, LUGGNAGG, GLUBBDUBDRIB E O XAPÓN.
- Páxina 100: “Faleille de que no reino de Tribnia, chamado polos naturais Langden, onde pasei algún tempo durante as miñas viaxes, a inmensa maioría do pobo está constituída en certo modo por husmeadores, testemuñas, espías, delatores, acusadores, cómplices que denuncian os delitos e xuradores, cos seus instrumentos subordinados; e todos, atidos á bandeira, a conduta e á paga de ministros e deputados seus. Naquel reino son as conxuras, por regra xeral, obra daquelas persoas que se propoñen dar realce as súas facultades de profundos políticos, prestar novo vigor a unha administración decrépita, extinguir ou distraer o xeral descontento, encherse os petos con secuestros e confiscacións e elevar ou afundir o concepto do crédito público, segundo cumpra mellor os seus intereses particulares. Convense e determina entre eles a persoa sospeitosa que deberá ser acusada de conxura e en seguida tense coidado especial en apoderarse das súas cartas e papeis e encadear aos criminais. Estes papeis entréganse a unha cuadrilla de artistas moi preparados en descubrir significados misteriosos nos vocablos, nas sílabas e as cartas. Por exemplo, poden descubrir que unha bandada de gansos significa un senado; un can coxo, un invasor; a praga, un corpo de exército; unha aguia, un primeiro ministro; a gota, unha alta dignidade eclesiástica; unha forca, un secretario de Estado; unha criba, unha dama da corte; unha escoba, una revolución; un agocho de ratos, un emprego; un pozo sen fondo, un tesouro; unha sentina, unha corte; un gorro e uns cascabeis, un favorito; unha caña rota, un tribunal de xustiza; un tonel bacío, un xeneral; unha chaga supurando, a Administración.

Por si este método fracasa, teñen outros dous máis eficaces, chamados polos que entre aquelas xentes téñense como instruídos, acrósticos e anagramas. Co primeiro poden descifrar significados políticos en tódalas letras iniciais: así, N significa conxura; B, rexemento de cabalería; L, unha flota no mar. Co segundo, traspoñendo as letras do alfabeto en calquera papel sospeitoso, poden deixar ao descuberto os máis profundos designios dun partido desgustado. Así, por exemplo, si eu escribo a un amigo unha carta que ao noso irmán Tom acaban de saírlle almorranas, un descifrador hábil descubrirá que as mesmas letras que compoñen esta sentencia poden analizarse nas palabras seguintes: resistir _ hai unha conspiración dentro do país_ a viaxe. E este é o método anagramático”.

COMENTARIO: Os textos destes documentos poden ser hipertextos porque non se basan única e exclusivamente nas palabras. Utilízanse imaxes con misteriosos significados, partes das palabras teñen un significado diferente á propia palabra. E o código para darlle forma e significado non é lineal, senón que se nutre de cada unha das diferentes partes que forman os documentos.

Comentarios del libro "Los Viajes de Gulliver" 6

F. DESCRICIÓN DA MÁQUINA DE ESCRIBIR HISTORIAS XUNTANDO AS PALABRAS DE FORMA ALEATORIA. Importancia desta máquina na construción dun hipertexto.

CAPÍTULO 3. VIAXE A LAPUTA, BALNIBARBI, LUGGNAGG, GLUBBDUBDRIB E O XAPÓN.
- Páxina 96-97: “O primeiro profesor que vin estaba nunha habitación moi grande rodeado por corenta alumnos. Despois de intercambiar saúdos, como observara que eu consideraba con atención un taboleiro que ocupaba a maior parte do longo e do ancho da habitación, dixo que quizás me asombrara de verlle entregado a un proxecto para facer progresar o coñecemento especulativo por medio de operacións prácticas e mecánicas; pero pronto comprendería o mundo a súa utilidade, e se alababa de que pensamento máis e nobre nunca nacera en cabeza humana.
Todos sabemos canto de laborioso é o método corrente para chegar a ter artes e ciencias, pois ben: grazas ao seu invento, a persoa máis ignorante, por un prezo módico e cun pequeno traballo corporal, pode escribir libros de filosofía, poesía, política, leis, matemáticas e teoloxía, sen que para nada necesite o auxilio de talento nin de estudo.

Levoume logo ao taboleiro, que rodeaban por todas partes os alumnos formando filas. Tiña vinte pes en cadro e estaba colocado en medio da habitación. A superficie estaba constituída por varios anacos de madeira do tamaño dun dedo proximamente, aínda algo maiores uns que outros. Todos estaban ensartados xuntos en alambres delgados. Estes anacos de madeira estaban por todos lados cubertos de papel pegado a eles; e sobre estes papeis aparecían escritas tódalas palabras do idioma nos seus varios modos, tempos e declinacións, pero sen orde ningún. Díxome o profesor que atendese, porque ía a ensinarme o funcionamento do aparato. Os discípulos, a unha orde súa, botaron man a uns mangos de ferro que había ao redor do borde do taboleiro, en número de corenta e, dándolles unha volta rápida, toda a disposición das palabras quedou cambiada totalmente. Mandou logo a trinta e seis dos rapaces que lesen amodo as diversas liñas tales como quedaran no taboleiro, e cando atopaban tres ou catro palabras xuntas que podían formar parte dunha sentencia dictábanas aos catro restantes, que servían de escribentes. Repetiuse o traballo tres veces ou catro, e cada unha, en virtude da disposición da máquina, as palabras mudábanse a outro sitio ao dar volta aos cadrados de madeira.

Durante seis horas diarias, dedicábanse os estudantes novos á tarefa, e o profesor amosoume varios volumes en gran folio, xa reunidos en sentencias cortadas, que pensaba enlazar, para, sacándoa delas, ofrecer ao mundo unha obra completa de tódalas ciencias e artes, a que podería mellorarse e facilitarse en gran modo co que o público crease un fondo para construír e utilizar cincocentos daqueles taboleiros en Lagado, obrigando aos directores a contribuír á obra común coas súas coleccións respectivas.

Aseguroume que dedicara a este invento toda a súa intelixencia desde a súa xuventude, e que esgotara o vocabulario completo no seu taboleiro e feito un serio cálculo da proporción xeral que nos libros existe entre o número de artigos, nomes, verbos e demais partes da oración.
Expresei o meu máis humilde recoñecemento a aquela ilustre persoa por amosarse de tal modo comunicativo e prometínlle que se algunha vez tiña a felicidade de regresar ao meu país faríalle a xustiza de proclamalo único inventor daquel aparato marabilloso, cunha forma e combinación que lle roguei que delinease nun papel. E aparecen na figura desta páxina. Díxenlle que, aínda en Europa os sabios tiñan o costume de roubarse os inventos uns aos outros, e deste modo lograban cando menos a vantaxe de que se discutise cal era o verdadeiro autor, tomaría eu tales precaucións, que el só disfrutase a honra íntegra, sen que viñera a tomalo ningún rival”.

COMENTARIO: É inxenioso a forma de construír un libro sen que a persoa que o fai teña idea de elaborar contidos con palabras. O home non ten culpa da obra que se elabora con este sistema. O importante é que haxa unha forma de conectar os grupos de palabras entre si. Ten unha coincidencia coa forma de crear un hipertexto, pero o hipertexto, aínda que sexa con formas diferentes, sempre vai a ter sentido. O taboleiro tal parece un ordenador que permite poñer imaxes, vídeo, voz, palabras a un documento, e que esta teña unha mensaxe no seu interior. Claro que aquí, a segunda parte non se cumpre.

Comentarios del libro "Los Viajes de Gulliver" 5

C. O AUTOR E O LECTOR FORMAN PARTE DO MESMO GRUPO: En todo o libro hai 5 referencias e están todas no primeiro capítulo. Son as que seguen.

CAPÍTULO 1. VIAXE A LILIPUT.
- Páxina 25: “Aínda que nosoutros, xeralmente, chamamos ao premio e ao castigo, os goznes sobre os que xira todo goberno” .

- Páxina 26: “..como lemos que foi noutros países”.

- Páxina 26: “As súas nocións respecto dos deberes de pais e fillos difieren extremadamente das nosas”.

- Páxina 26: “así evítanse esas temperás perniciosas impresións de insensatez e vicio a que os nosos nenos están suxeitos”.

- Páxina 28: “Os meus servidores asombráronse de verme comelo con oso e todo, como no noso país facemos”.

COMENTARIO: De novo, Gulliver busca a complicidade cos lectores, pero esta vez deixando claro que forma parte dun grupo e que, por forza, os dese grupo pensan todos iguais, tal como se describe aquí o comportamento do autor-protagonista.

D. REFERENCIAS INDIRECTAS AO LECTOR: En todo o libro hai 13 referencias indirectas ao lector. Son as que seguen.
CAPÍTULO 1. VIAXE A LILIPUT.
- Páxina 17: “que non referirei porque non se me tache de vaidoso”.

- Páxina 22: “segundo referín anteriormente,..”

- Páxina 23: “Como referirei no oportuno lugar”.

- Páxina 26: “Ao falar destas e das seguintes leis, quero que se entenda que fago referencia só ás institucións orixinais, e non á escandalosa corrupción na que caeu o pobo”.

CAPÍTULO 2. VIAXE A BROBDINGNAG
- Páxina 57: “Do que xa terei ocasión de falar”.

- Páxina 57: “..,algúns dos que me atreverei a relatar”.

- Páxina 78: “Cito isto como exemplo de gran forza de costume e prexuizo”.

CAPÍTULO 3. VIAXE A LAPUTA, BALNIBARBI, LUGGNAGG, GLUBBDUBDRIB E O XAPÓN.
- Páxina 96: “Pasamos a dar unha volta pola outra parte da Academia, onde, como xa dixen, alóxanse os arbitristas de estudos especulativos.

- Páxina 109: “Deixando esta digresión:...”

CAPÍTULO 4. UNHA VIAXE AO PAÍS DOS HOUYHNHNMS.
- Páxina 137: “Pero debo confesar sinceramente...”

- Páxina 146: “...-como xa dixen-...”

- Páxina 154: “...o meu designio principal era instruírte, non deleitarte”.

- Páxina 157: “.., conxuro desde aquí a quen teñan algún atisbo deste vicio absurdo para que non se atrevan a comparecer ante a miña vista”.

COMENTARIO: De novo, autor e lector mistúranse nunha mesma figura. Gulliver é a parte que conta a histori, pero tamén fai reflexións das que fai partícipe ao lector no medio das súas narracións. Por outro lado, o que le o libro ten a sesnsación de que é unha historia na que o home, aínda sendo partícipe, ten moi difícil conseguir cambiar unha historia. Son chamadas de atención para manter a atención mentres dura a viaxe.

E. REFLEXIÓNS QUE FAI O AUTOR AO LECTOR: En todo o libro hai tres reflexións que se lle fan indirectamente ao lector. Son as que seguen.

CAPÍTULO 2. VIAXE A BROBDINGNAG
- Páxina 45: “Espero que o paciente lector saberá escusar que me deteña en detalles que, por insignificantes que semellen a espíritos vulgares a ras de terra, poden certamente axudar a un filósofo a dilatar os seus pensamentos e a súa imaxinación e dedicalos ao beneficio público o mesmo que á vida privada. Tal é a miña intención ao ofrecer estas e outras relacións das miñas viaxes polo mundo, nas que me preocupei principalmente da verdade, deixando aparte adornos de erudición e estilo. Tódolos lances desta viaxe deixaron tan fonda impresión no meu ánimo e están de tal modo presentes na miña memoria, que ao trasladalos ao papel, non omitín unha soa circunstancia interesante. Aínda así, ao facer unha escrupulosa revisión, tachei varios pasaxes de menos momento que figuraban no primeiro orixinal por medo de ser cualificado de fastidioso e frívolo”.

- Páxina 70: “...,pero que non é necesario copiar aquí”.

CAPÍTULO 3. VIAXE A LAPUTA, BALNIBARBI, LUGGNAGG, GLUBBDUBDRIB E O XAPÓN.
- Páxina 87: “Quizá, para o lector, iso pase mais ben por unha historia europea ou inglesa que non dun país tan remoto. Pero debe pararse a meditar que os caprichos das mulleres non están limitados por fronteira nin clima ningún, e son máis uniformes do que doadamente puidera imaxinarse”.

COMENTARIO: Sobre o que está a contar o libro, o autor párase para facer reflexións en voz alta das que fai partícipe ao lector. E lle invita a facer tamén as súas meditacións co fin de chegar a un punto en común entre tódalas persoas que forman parte da familia dos lectores. Como se o autor quixera facerte partícipe do que estaba a acontecer.