jueves, 10 de enero de 2008

Baixei de Internet a seguinte definición de hipertexto: "os sistemas hipertextuais están baseados nun enfoque no que o usuario ten a posibilidade de crear, agregar, enlazar e compartir informción de fontes diversas, provendo a posibilidade de acceder a documentos de maneira non secuencial, a diferencia de sistemas de información máis tradicionais nas que o acceso é naturalmente secuencial. Esta flexibilidade de acceso provoca as nocións de navegación, personalización de presentacións e anotacións".

Penso que é unha definición acertada, ao mellor incompleta, pero recolle para min o aspecto máis importante do concepto: marca distancias coa forma tradcional de comunicar, de forma secuencial, e incorpora ao lector ou usuario no proceso creativo.

Nunha entrevista a Antonio Tabucchi aparecida en El País o 23 de abril de 2006 na súa sección de Cultura, o escrito italiano asegura que "o tempo e a mirada dos demais engaden cousas que os escritores non preveramos en principio. Hoxe, con respecto a tantos libros do pasado, a información converteunos en lectores moi privilexiados. Poseemos unha bagaxe interpretativa moi superior a dos contemporáneos da obra El Quijote, por exemplo"

Tabucchi dalle protagonismo aos que len os libros, que cada vez están máis preparado e por tanto son uns seres privilexiados pola súa capacidade de comprensión e decisión, pero que tamén lle ofrecen puntos de vista que o enriquecen como escritor. Así, el recoñece que "unhas veces, o encontro co lector dá placer, outras medo" en referencia a unha carta que lle envía un lector, que o fai reflexionar porque lle confesa que foi capaz de escribir a autobiografía que el nunca fora capaz de escribir.

Tabucchi da a entender que o autor e o lector poderían chegar a ser a mesma persoa na tarefa de relatar historias, simplemente porque se sinten identificados cun mesmo texto. Para despois manter as distancias ao matizar que "cada un le a súa propia historia". Deixa claro que, aínda que se sintan identificado co que le, o lector fai unha interpretación diferente. Pero ese tamén é o seu poder diante do que crea e un punto de partida para que rache coa secuencialidade.

No hay comentarios: