jueves, 27 de marzo de 2008

Traballo final

Ola aos compañeiros do seminario do hipertexto. Os que non puidéchedes vir o último día, sabede que a profesora concretounos o que había que facer. Por un lado entrar a comentar os textos de cada un de nós co fin de ir pechando a nosa percepción do hipertexto, sen olvidarse de seguir a buscar máis material para encher o blog. Unha vez feitas estas dúas cousas, a segunda parte é publicar as nosas conclusións sobre o hipertexto e manter un último encontro entre todos (con profesora incluida) para chegar a conclusións definitivas sobre o hipertexto. Eu pediríavos que ese encontro fose a mediados de abril (día 15, por exemplo).

Penso que é unha boa opción.

Por favor respostádeme no blog. Grazas. Un saúdo, óscar.

1 comentario:

Anónimo dijo...

é increible que aínda non aparezan os enderezos das bitácoras do resto dos compañeiros ou eu non os vexo.
mol