domingo, 10 de febrero de 2008

Comentario sobre a película Jackie Brown de Tarantino 2

4. OS PERSONAXES.
Na primeira parte da película, preséntanse os personaxes. A duración da cinta (máis de dúas horas e media) permite unha recreación dos protagonistas, algunha incluso semella excesiva, caso de Ordell, pero tamén imprescindible para entender a súa maneira de actuar posterior. Os papeis principais son:

Jackie Brown: Azafata negra de 45 anos que vive unha situación laboral precaria, polo que ten que buscar outras fontes de ingresos a través da súa colaboración coa banda de Ordell, a quen lle fai contrabando de divisas. Pero descúbrena e vese asediada polos delincuentes e a polícia ao mesmo tempo. Está atrapada.

Ordell: Despiadado traficante de armas que se atopa con problemas cos seus subordinados. Desfaise de Beaumont porque canta á policía, pero non pode con Jackie Brown. Os seus colegas, Melanie e Louis Gara tamén o queren enganar.

Max Cherry: É un axente de fianzas, un ser perdido que conecta con Jackie Brown. Axudaranse mutuamente e a azafata terá nel o seu mellor apoio para saír do embrollo no que se meteu. Ao final xurde unha especie de amor entre eles.

Melanie: A inxenua rapaza, sempre vestida con roupa de praia, que vive con Ordell a quen quere enganar xunto con Louis Gara, que finalmente a asasina.

Ray Nicolette: Policía de aduanas que vixía a Jackie Brown e que lle ofrece o trato para desenmascarar a Ordell. As súas maneiras para convencer á azafata rallan ai legalidade e amosa na un policía que fará o que sexa para conseguira súa presa, sen importarlle para nada o que lle poida pasar a Jackie Brown.

Louis Gara: Foi compañeiro de celda na prisión de Ordell ea gora volta para xuntarse co seu antigo compañeiro tras cumprir una condena de catro anos por atraco a man armada.
Mark Dargus: Detective da policía que segue a pista da azafata Jackie Brown por introducir diñeiro de contrabando no país para Ordell.

5. ESTILO.
Existen dúas partes diferenciadas. Unha primeira na que se presentan os personaxes. Na primeira escena, Jackie Brown, acompañada pola música das películas de acción, desprázase polo aeroportos obre unha cinta automática, a continuación ponse acorrer e acaba fichando no traballo e collendo os billetes dos pasaxeiros; o prólogo de case 15 minutos con Ordell é imprescindible para comprender a trama posterior.

Ao mesmo tempo que caracteriza aos personaxes (Jackie Brown é capturada e aparece o axente de fianzas Max Cherry que empezan a coñecerse e a entenderse mutuamente), constrúese a intriga da película, unha segunda parte onde se misturan tres historias diferentes e cunha secuencia final complexa pero efectiva.

6. CARACTERÍSTICAS.
Hai unha serie de elementos singulares que caracterizan esta película :

- Unha excelente banda sonora con cancións dos anos 70, acorde coa atmósfera que pretende darlle o autor á película.
- Os diálogo son escuetos, onde abunda o humor negro e sutil. Na maioría dos casos, os temas son banais, incluso profundízase.
- A existencia da violencia e o sangue é unha constante no cine de Tarantino.
- Un guión ben resolto e escrito, baseado nunha novela de Elmore Leonard está ben escrito.
- É un xénero non moi utilizado nos últimos anos, como é o do xénero negro
- Ritmo narrativo aceptable, capaz de enganchar pero que perde forza ao final

7. O HIPERTEXTO.
Aparece na segunda parte da película, cando se desenvolve a intriga:

1) A intriga da película ocupa o eixo central da segunda parte e que se nutre de tres historias que irán despregándose a medida que pasan os minutos.
- Os protagonistas dunha das historias son os delincuentes (Ordell e Louis Gara).
- A policía desenvolve outra das tramas.
- Jackie e Max lideran a última.
As tres historias teñen o seu fío, pero vanse entremezclando unhas coas outras. Nútrense as historias e chocan as personaxes. É unha maraña complexa con tres narracións que sofren dous momentos importantes:
- o asasinato de Melanie
- a segunda entrega do diñeiro nuns probadores de roupa (aquí os feitos nárranse dun xeito minucioso e desde tres puntos de vista diferente)
2) A megasecuencia que relata o cambio do diñeiro no probador dunha tenda de mulleres. O tempo cinematográfico é maior que o tempo físico que ocupa a acción porque o importante é que se vexan as tres diferentes perspectivas desde as que se ve a acción. É a exploración doutros puntos de vista. Non hai tempo real. Só existe a percepción de cada un dos protagonistas e vanse sucedendo ata que o espectador se fai unha composición de lugar completa con diferentes puntos de vista. É unha composición fóra do tempo, voltándose atrás unha e outra vez, desde outros ángulos da cámara, ata completar o sentido coral da acción.

Comentario sobre a película Jackie Brown de Tarantino

1. BIOGRAFÍA.
Quentin Tarantino naceu en Knoxville (Tennessee) en 1963. Guionista, director e actor estadounidense, fíxose moi popular durante a década de 1990 como guionista. A pesar da súa corta carreira, considérase como un dos iconos do cine independente de EEUU e as súas películas móvense entre a polémica.

Tarantino deuse a coñecer grazas a True Romance (Amor a queimarroupa en España). Tamén escribiu o guión genuino de Natural Born Killers (Asesinos natos). A estrea de True Romance deulle a Tarantino a oportunidade de trabar amistade co produtor Lawrence Bender, que o animou a dirixir Reservoir Dogs(1992) e Pulp Fiction (1994). Esta última fíxose coa Palma de Ouro no Festival de Cannes. En 1997 dirixiu Jackie Brown, basada na novela de Elmore Leonard e na que actuou Pam Grier como protagonista. Estreou Hill Hill en dúas partes separadas, o 2003 e 2004. A súa última película é Grindhouse (2007).

2. A PELÍCULA.
Jackie Brown é unha película de de 154 minutos feita en 1997. É a terceira que dirixe Quentin Tarantino. Os actores principais son Pam Grier, Robert Forster, Robert de Niro, Samuel L. Jackson, Bridget Fonda e Michael Keaton.

3. O ARGUMENTO.
Jackie Brown é unha azafata de voo que, necesitada de diñeiro, traballa para Ordell, un mafioso buscado pola policía. Un día é sorprendida na aduana facendo tráfico de divisas. A policía ofrécelle un trato para non ir ao cárcere. Vese atrapada e, coa axuda do seu pagador da fianza, Max, idea un plan para quedarse con medio millón de dólares e para desfacerse, ao mesmo tempo, da policía, de Ordell e dos subalternos de Ordell que teñen un plan alternativo ao do seu xefe.

Comentarios del libro "Los Viajes de Gulliver" 9. Conclusión final

Gulliver ten unha actitude filosófica ante as súas venturas e desventuras. Enfróntase ás novidades e ás personaxes con interese e sen malicia. Desde un punto de vista do hipertexto, o lector ve, oe e experimenta a través dos seus sentidos. Tamén é narrador, a través do autor e das súas opinións. Por veces, é educado. Outras non cre na raza humana. Ás veces, Gulliver obriga ao lector a estar atento, a pensar o que está lendo. A ser propietario do que se está a contar.

Comentarios del libro "Los Viajes de Gulliver" 8

J. TRAER DO PASADO A PERSONAXES HISTÓRICOS E MANTER CONVERSAS CON ELES PARA DESCUBRIR A VERDADE DAS SÚAS HISTORIAS E PERSONALIDADES. Posibilidade de que a través desta idea se poida construír un hipertexto.
CAPÍTULO 3. VIAXE A LAPUTA, BALNIBARBI, LUGGNAGG, GLUBBDUBDRIB E O XAPÓN.
Páxina 103: “A súa alteza o gobernador ordenoume que chamase de entre os mortos a calquera persoa que se me ocorrese e no número que quixese, desde o principio do mundo ata o tempo presente, e lle mandase responder ás preguntas que tivera a ben dirixirlles, coa condición de que as miñas preguntas se reduciran ao período dos tempos en que viviron. E agregou que unha cousa en que podían confiar era en que me dirían a verdade, pois o mentir era un talento sen aplicación ningunha no mundo interior.

Expresei a súa Alteza o meu máis humilde recoñecemento por tan gran favor. Estabamos nun aposento desde onde se descubría unha bela perspectiva do parque. E como a miña primeira inclinación levárame a admirar escenas de pompa e magnificencia, pedín ver a Alexandre o Grande á cabeza do seu exército inmediatamente despois da batalla de Arbela; o que, a un movemento que fixo cun dedo o gobernador, apareceuse inmediatamente nun gran campo ao pé da fiestra na que estabamos nós. Alexandre foi chamado á habitación; con grandes traballos puiden entender o seu grego, que se parecía moi pouco ao que eu sei. Aseguroume pola súa honra que non morrera envenenado, senón dunha febre a consecuencia de beber con exceso.

Logo vin a Anibal pasando os Alpes, que me dixo que non tiña unha gota de vinagre no seu campo. Vin a César e a Pompeio, á cabeza das súas tropas, dispostas para acometerse. Vin ao primeiro no seu último gran triunfo. Pedín que se aparecese ante min o Senado de Roma nunha gran cámara, e noutra, fronte por fronte, unha Xunta representativa moderna. Antoxóuseme o primeiro unha asemblea de heroes e semideuses, e á outra, unha colección de bucaneiros, rateiros, salteadores de camiños e rufiáns.

O gobernador , ao meu rogo, fixo un sinal para que avanzasen cara nós Cesar e Bruto. Sentín subitamente profunda veneración á vista de Bruto. No súa faciana tódalas faccións revelaban a máis consumada virtude, a máis grande intrepidez, firmeza de entendemento, o máis verdadeiro amor ao seu país e xeral benevolencia para a especie humana. Observei con gran satisfacción que estas dúas persoas estaban en estreita intelixencia, e César confesoume francamente que non igualaban con moito as maiores fazañas da súa vida a gloria de quitarlla. Tiven a honra de conversar longamente con Bruto, e díxome que os seus antecesores, Xunius, Sócrates, Epaminondas, Catón o mozo, sir Thomas Moore e el estaban xuntos a perpetuidade; sextunvirato ao que entre tódalas idades do mundo non poden engadir un sétimo nome”.

COMENTARIO: É unha volta atrás no tempo desde un tempo presente, onde se producen unha serie de conversas con personaxes históricos que producen unha paréntese na historia de Gulliver. Ademais, as súas aportacións permiten ter unha visión diferente da historia da humanidade. É un feedback desde o presente, pero non queda moi claro en que tempo estamos: se no tempo de Gulliver ou no tempo das personaxes, aínda que eles aseguran que o seu tempo pasou e sen embargo parece que están na eternidade. Pode ser un hipertexto se atendemos a que non se produce unha acción nun momento atemporal. Pero non aporta nada de códigos diferenciados para a expresión.

Comentarios del libro "Los Viajes de Gulliver" 7

G. MÉTODO PARA MELLORAR O IDIOMA DE BALNIBARBI. Posibilidade de que a través desta idea se poida construír un hipertexto.
CAPÍTULO 3. VIAXE A LAPUTA, BALNIBARBI, LUGGNAGG, GLUBBDUBDRIB E O XAPÓN.
- Páxina 97: “O primeiro proxecto consistía en facer máis curto o discurso, deixando aos polisílabos unha sílaba máis, e prescindindo de verbos e participios; pois, en realidade, tódalas cousas imaxinables son nomes e nada máis que nomes”.

COMENTARIO: A creación dunha nova linguaxe aproveitando a lingua que xa existe e buscando reducir o número de sílabas a utilizar é unha forma de darlle a volta á comunicación. Créanse novos códigos e significados, retíranse unha serie de palabras que levan a acción ás frases e úsanse só nomes, complica as posibilidades comunicativas. E vai a facer necesario o uso de novos sistemas: non se falará únicamente, haberá xestos, referencia a obxectos, sons distintos ás palabras...É posible que a comunicación se faga a través de hipertextos.

H. MÉTODO PARA SUBSTITUÍR O IDIOMA DE BALNIBARBI POR UN SISTEMA BASEADO EN LEVAR AS COUSAS CONSIGO PARA REFERIRSE A ELAS NA CONVERSA SEN UTILIZAR AS PALABRAS. Posibilidade de que a través desta idea se poida construír un hipertexto.

CAPÍTULO 3. VIAXE A LAPUTA, BALNIBARBI, LUGGNAGG, GLUBBDUBDRIB E O XAPÓN.
- Páxina 97: “O outro proxecto era un plan para abolir por completo tódalas palabras, as que fosen; e defendíase como unha gran vantaxe, tanto respecto da saúde como da brevidade. É evidente que cada palabra que falamos supón, en certa maneira, unha diminución dos nosos pulmóns por corrosión, e, polo tanto, contribúe a reducir a vida; en consecuencia, ideouse que, sendo as palabras simplemente os nomes das cousas, sería máis conveniente que cada persoa levase consigo tódalas cousas de que fose necesario falar no asunto especial sobre que pensar. E este invento implantaríase, certamente, con gran comodidade e aforro de saúde para os individuos, de non haber as mulleres, en consorcio co vulgo e os ignorantes, ameazando con alzarse en rebelión se non se lles deixaba en liberdade de falar coa lingua, ao modo dos seus antepasados; que a tales extremos chegou sempre o vulgo na súa inimiga pola ciencia. Aínda así, moitos dos máis sabios e eruditos adheríronse ao novo método de expresarse por medio de cousas: o que presenta como único inconveniente o de que cando un home se ocupa en grandes e diversos asuntos vese obrigado, en proposición, a levar ás costas un gran talego de cousas, a menos que poida pagar un ou dous robustos criados que lle asistan. Eu vin moitas veces a dous destes sabios, case abrumados polo peso dos seus fardos, como van os nosos buhoneiros, encontrarse na rúa, botar a carga a terra, abrir os talegos e conversar durante unha hora; e logo, meter os utensilios, axudarse mutuamente a reasumir a carga e despedirse.

Mais por conversas curtas, un home pode levar os necesarios utensilios nos petos ou debaixo do brazo, e na súa casa non pode faltarlle o que precise. Así, na estancia onde se reúnen quen practica esta arte hai sempre a man tódalas cousas indispensables para alimentar este xénero artificial de conversas.

Outra vantaxe que se buscaba con este invento era que servise como idioma universal para tódalas nacións civilizadas, cuns mobles e útiles que son, por regra xeral, iguais ou tan parecidos, que pode comprender doadamente cal é o seu destino. E deste modo os embaixadores estarían en condicións de tratar con príncipes ou ministros de Estado estranxeiros para quen a súa lingua fose por completo descoñecida”.

COMENTARIO: Abolir as palabras e a falta co obxecto de crear unha lingua universal é unha tolemia e unha broma de mal gusto. E substituilo por un sistema que faga referencia directa aos obxectos que levas contigo, sendo tales obxectos dos que tes que falar permitirá, evidentemente, a creación dun hipertexto formado polos obxectos mesmos, pero tamén por xestos, sons inintelixibles... En nada se parecerá o código utilizado con palabras a un novo código que terá a urxencia do significado centrado nos obxectos aos que te queres referir.

I. MÉTODO PARA CREAR CÓDIGOS APROVEITANDO O IDIOMA QUE SE UTILIZA, PERO DÁNDOLLE UN SIGNIFICADO DIFERENTE AS PALABRAS OU LETRAS. Posibilidade de que a través desta idea se poida construír un hipertexto.
CAPÍTULO 3. VIAXE A LAPUTA, BALNIBARBI, LUGGNAGG, GLUBBDUBDRIB E O XAPÓN.
- Páxina 100: “Faleille de que no reino de Tribnia, chamado polos naturais Langden, onde pasei algún tempo durante as miñas viaxes, a inmensa maioría do pobo está constituída en certo modo por husmeadores, testemuñas, espías, delatores, acusadores, cómplices que denuncian os delitos e xuradores, cos seus instrumentos subordinados; e todos, atidos á bandeira, a conduta e á paga de ministros e deputados seus. Naquel reino son as conxuras, por regra xeral, obra daquelas persoas que se propoñen dar realce as súas facultades de profundos políticos, prestar novo vigor a unha administración decrépita, extinguir ou distraer o xeral descontento, encherse os petos con secuestros e confiscacións e elevar ou afundir o concepto do crédito público, segundo cumpra mellor os seus intereses particulares. Convense e determina entre eles a persoa sospeitosa que deberá ser acusada de conxura e en seguida tense coidado especial en apoderarse das súas cartas e papeis e encadear aos criminais. Estes papeis entréganse a unha cuadrilla de artistas moi preparados en descubrir significados misteriosos nos vocablos, nas sílabas e as cartas. Por exemplo, poden descubrir que unha bandada de gansos significa un senado; un can coxo, un invasor; a praga, un corpo de exército; unha aguia, un primeiro ministro; a gota, unha alta dignidade eclesiástica; unha forca, un secretario de Estado; unha criba, unha dama da corte; unha escoba, una revolución; un agocho de ratos, un emprego; un pozo sen fondo, un tesouro; unha sentina, unha corte; un gorro e uns cascabeis, un favorito; unha caña rota, un tribunal de xustiza; un tonel bacío, un xeneral; unha chaga supurando, a Administración.

Por si este método fracasa, teñen outros dous máis eficaces, chamados polos que entre aquelas xentes téñense como instruídos, acrósticos e anagramas. Co primeiro poden descifrar significados políticos en tódalas letras iniciais: así, N significa conxura; B, rexemento de cabalería; L, unha flota no mar. Co segundo, traspoñendo as letras do alfabeto en calquera papel sospeitoso, poden deixar ao descuberto os máis profundos designios dun partido desgustado. Así, por exemplo, si eu escribo a un amigo unha carta que ao noso irmán Tom acaban de saírlle almorranas, un descifrador hábil descubrirá que as mesmas letras que compoñen esta sentencia poden analizarse nas palabras seguintes: resistir _ hai unha conspiración dentro do país_ a viaxe. E este é o método anagramático”.

COMENTARIO: Os textos destes documentos poden ser hipertextos porque non se basan única e exclusivamente nas palabras. Utilízanse imaxes con misteriosos significados, partes das palabras teñen un significado diferente á propia palabra. E o código para darlle forma e significado non é lineal, senón que se nutre de cada unha das diferentes partes que forman os documentos.

Comentarios del libro "Los Viajes de Gulliver" 6

F. DESCRICIÓN DA MÁQUINA DE ESCRIBIR HISTORIAS XUNTANDO AS PALABRAS DE FORMA ALEATORIA. Importancia desta máquina na construción dun hipertexto.

CAPÍTULO 3. VIAXE A LAPUTA, BALNIBARBI, LUGGNAGG, GLUBBDUBDRIB E O XAPÓN.
- Páxina 96-97: “O primeiro profesor que vin estaba nunha habitación moi grande rodeado por corenta alumnos. Despois de intercambiar saúdos, como observara que eu consideraba con atención un taboleiro que ocupaba a maior parte do longo e do ancho da habitación, dixo que quizás me asombrara de verlle entregado a un proxecto para facer progresar o coñecemento especulativo por medio de operacións prácticas e mecánicas; pero pronto comprendería o mundo a súa utilidade, e se alababa de que pensamento máis e nobre nunca nacera en cabeza humana.
Todos sabemos canto de laborioso é o método corrente para chegar a ter artes e ciencias, pois ben: grazas ao seu invento, a persoa máis ignorante, por un prezo módico e cun pequeno traballo corporal, pode escribir libros de filosofía, poesía, política, leis, matemáticas e teoloxía, sen que para nada necesite o auxilio de talento nin de estudo.

Levoume logo ao taboleiro, que rodeaban por todas partes os alumnos formando filas. Tiña vinte pes en cadro e estaba colocado en medio da habitación. A superficie estaba constituída por varios anacos de madeira do tamaño dun dedo proximamente, aínda algo maiores uns que outros. Todos estaban ensartados xuntos en alambres delgados. Estes anacos de madeira estaban por todos lados cubertos de papel pegado a eles; e sobre estes papeis aparecían escritas tódalas palabras do idioma nos seus varios modos, tempos e declinacións, pero sen orde ningún. Díxome o profesor que atendese, porque ía a ensinarme o funcionamento do aparato. Os discípulos, a unha orde súa, botaron man a uns mangos de ferro que había ao redor do borde do taboleiro, en número de corenta e, dándolles unha volta rápida, toda a disposición das palabras quedou cambiada totalmente. Mandou logo a trinta e seis dos rapaces que lesen amodo as diversas liñas tales como quedaran no taboleiro, e cando atopaban tres ou catro palabras xuntas que podían formar parte dunha sentencia dictábanas aos catro restantes, que servían de escribentes. Repetiuse o traballo tres veces ou catro, e cada unha, en virtude da disposición da máquina, as palabras mudábanse a outro sitio ao dar volta aos cadrados de madeira.

Durante seis horas diarias, dedicábanse os estudantes novos á tarefa, e o profesor amosoume varios volumes en gran folio, xa reunidos en sentencias cortadas, que pensaba enlazar, para, sacándoa delas, ofrecer ao mundo unha obra completa de tódalas ciencias e artes, a que podería mellorarse e facilitarse en gran modo co que o público crease un fondo para construír e utilizar cincocentos daqueles taboleiros en Lagado, obrigando aos directores a contribuír á obra común coas súas coleccións respectivas.

Aseguroume que dedicara a este invento toda a súa intelixencia desde a súa xuventude, e que esgotara o vocabulario completo no seu taboleiro e feito un serio cálculo da proporción xeral que nos libros existe entre o número de artigos, nomes, verbos e demais partes da oración.
Expresei o meu máis humilde recoñecemento a aquela ilustre persoa por amosarse de tal modo comunicativo e prometínlle que se algunha vez tiña a felicidade de regresar ao meu país faríalle a xustiza de proclamalo único inventor daquel aparato marabilloso, cunha forma e combinación que lle roguei que delinease nun papel. E aparecen na figura desta páxina. Díxenlle que, aínda en Europa os sabios tiñan o costume de roubarse os inventos uns aos outros, e deste modo lograban cando menos a vantaxe de que se discutise cal era o verdadeiro autor, tomaría eu tales precaucións, que el só disfrutase a honra íntegra, sen que viñera a tomalo ningún rival”.

COMENTARIO: É inxenioso a forma de construír un libro sen que a persoa que o fai teña idea de elaborar contidos con palabras. O home non ten culpa da obra que se elabora con este sistema. O importante é que haxa unha forma de conectar os grupos de palabras entre si. Ten unha coincidencia coa forma de crear un hipertexto, pero o hipertexto, aínda que sexa con formas diferentes, sempre vai a ter sentido. O taboleiro tal parece un ordenador que permite poñer imaxes, vídeo, voz, palabras a un documento, e que esta teña unha mensaxe no seu interior. Claro que aquí, a segunda parte non se cumpre.

Comentarios del libro "Los Viajes de Gulliver" 5

C. O AUTOR E O LECTOR FORMAN PARTE DO MESMO GRUPO: En todo o libro hai 5 referencias e están todas no primeiro capítulo. Son as que seguen.

CAPÍTULO 1. VIAXE A LILIPUT.
- Páxina 25: “Aínda que nosoutros, xeralmente, chamamos ao premio e ao castigo, os goznes sobre os que xira todo goberno” .

- Páxina 26: “..como lemos que foi noutros países”.

- Páxina 26: “As súas nocións respecto dos deberes de pais e fillos difieren extremadamente das nosas”.

- Páxina 26: “así evítanse esas temperás perniciosas impresións de insensatez e vicio a que os nosos nenos están suxeitos”.

- Páxina 28: “Os meus servidores asombráronse de verme comelo con oso e todo, como no noso país facemos”.

COMENTARIO: De novo, Gulliver busca a complicidade cos lectores, pero esta vez deixando claro que forma parte dun grupo e que, por forza, os dese grupo pensan todos iguais, tal como se describe aquí o comportamento do autor-protagonista.

D. REFERENCIAS INDIRECTAS AO LECTOR: En todo o libro hai 13 referencias indirectas ao lector. Son as que seguen.
CAPÍTULO 1. VIAXE A LILIPUT.
- Páxina 17: “que non referirei porque non se me tache de vaidoso”.

- Páxina 22: “segundo referín anteriormente,..”

- Páxina 23: “Como referirei no oportuno lugar”.

- Páxina 26: “Ao falar destas e das seguintes leis, quero que se entenda que fago referencia só ás institucións orixinais, e non á escandalosa corrupción na que caeu o pobo”.

CAPÍTULO 2. VIAXE A BROBDINGNAG
- Páxina 57: “Do que xa terei ocasión de falar”.

- Páxina 57: “..,algúns dos que me atreverei a relatar”.

- Páxina 78: “Cito isto como exemplo de gran forza de costume e prexuizo”.

CAPÍTULO 3. VIAXE A LAPUTA, BALNIBARBI, LUGGNAGG, GLUBBDUBDRIB E O XAPÓN.
- Páxina 96: “Pasamos a dar unha volta pola outra parte da Academia, onde, como xa dixen, alóxanse os arbitristas de estudos especulativos.

- Páxina 109: “Deixando esta digresión:...”

CAPÍTULO 4. UNHA VIAXE AO PAÍS DOS HOUYHNHNMS.
- Páxina 137: “Pero debo confesar sinceramente...”

- Páxina 146: “...-como xa dixen-...”

- Páxina 154: “...o meu designio principal era instruírte, non deleitarte”.

- Páxina 157: “.., conxuro desde aquí a quen teñan algún atisbo deste vicio absurdo para que non se atrevan a comparecer ante a miña vista”.

COMENTARIO: De novo, autor e lector mistúranse nunha mesma figura. Gulliver é a parte que conta a histori, pero tamén fai reflexións das que fai partícipe ao lector no medio das súas narracións. Por outro lado, o que le o libro ten a sesnsación de que é unha historia na que o home, aínda sendo partícipe, ten moi difícil conseguir cambiar unha historia. Son chamadas de atención para manter a atención mentres dura a viaxe.

E. REFLEXIÓNS QUE FAI O AUTOR AO LECTOR: En todo o libro hai tres reflexións que se lle fan indirectamente ao lector. Son as que seguen.

CAPÍTULO 2. VIAXE A BROBDINGNAG
- Páxina 45: “Espero que o paciente lector saberá escusar que me deteña en detalles que, por insignificantes que semellen a espíritos vulgares a ras de terra, poden certamente axudar a un filósofo a dilatar os seus pensamentos e a súa imaxinación e dedicalos ao beneficio público o mesmo que á vida privada. Tal é a miña intención ao ofrecer estas e outras relacións das miñas viaxes polo mundo, nas que me preocupei principalmente da verdade, deixando aparte adornos de erudición e estilo. Tódolos lances desta viaxe deixaron tan fonda impresión no meu ánimo e están de tal modo presentes na miña memoria, que ao trasladalos ao papel, non omitín unha soa circunstancia interesante. Aínda así, ao facer unha escrupulosa revisión, tachei varios pasaxes de menos momento que figuraban no primeiro orixinal por medo de ser cualificado de fastidioso e frívolo”.

- Páxina 70: “...,pero que non é necesario copiar aquí”.

CAPÍTULO 3. VIAXE A LAPUTA, BALNIBARBI, LUGGNAGG, GLUBBDUBDRIB E O XAPÓN.
- Páxina 87: “Quizá, para o lector, iso pase mais ben por unha historia europea ou inglesa que non dun país tan remoto. Pero debe pararse a meditar que os caprichos das mulleres non están limitados por fronteira nin clima ningún, e son máis uniformes do que doadamente puidera imaxinarse”.

COMENTARIO: Sobre o que está a contar o libro, o autor párase para facer reflexións en voz alta das que fai partícipe ao lector. E lle invita a facer tamén as súas meditacións co fin de chegar a un punto en común entre tódalas persoas que forman parte da familia dos lectores. Como se o autor quixera facerte partícipe do que estaba a acontecer.

Comentarios del libro "Los Viajes de Gulliver" 4

B. REFERENCIAS DIRECTAS AO LECTOR, AO QUE CUALIFICA. En todo o libro hai 14 referencias directas e cualificativas do lector. Son as que seguen:

CAPÍTULO 1. VIAXE A LILIPUT.
Páxina 24: “Aínda que é o meu propósito deixar a descrición deste imperio para un tratado particular, compráceme, en tanto, obsequiar ao curioso lector con algunhas nocións xerais”.

Páxina 24: “..pero isto déixoo á imaxinación dos lectores”.

Páxina 28: “E agora quizás poida interesar ao lector curioso que eu lle de algunha conta dos meus asuntos particulares”.

CAPÍTULO 2. VIAXE A BROBDINGNAG
Páxina 43: “o que de xeito doado comprenderá e desculpará o indulxente lector”.

Páxina 64: “Imaxina por ti, cortés lector, as veces que desexei a lingua de Cicerón ou de Demóstenes para poder celebrar a fama do meu querido país natal nun estilo correspondente aos seus méritos e benaventuranzas”.

Páxina 67: “Estou tan profundamente triste como poida estalo calquera dos meus lectores de que tal ocasión se presentase,..”

Páxina 69: “Non digo isto coa máis pequena intención de diminuír as moitas virtudes daquel excelente rei, cuns méritos que temo que quedarán moi mermados aos ollos do lector inglés”.

CAPÍTULO 3. VIAXE A LAPUTA, BALNIBARBI, LUGGNAGG, GLUBBDUBDRIB E O XAPÓN.
Páxina 84: “O que, sen embargo, non quero impoñer, senón, simplemente, sometelo ao xuizoso lector”.

Páxina 104: “Pero éme imposible expresar a satisfacción que no ánimo experimentei de modo que poida resultar conveniente recreo para o lector”.

CAPÍTULO 4. UNHA VIAXE AO PAÍS DOS HOUYHNHNMS.
Páxina 149: “Non ignoro canto se me censurou ao referir este último detalle, pois aos meus detractores lles cumpre saber improbable que persoa tan ilustre descendese a dar tan gran sinal de deferencia a unha criatura tan inferior como eu”.

Páxina 149: “Pero se estes censores meus coñecesen mellor a condición nobre e cortés dos houyhnhnms cambiarían ben pronto de opinión”.

Páxina 154: “Xa che fixen, amable lector, fiel historia das miñas viaxes durante dezaseis anos e máis de sete meses”.

Páxina 155: “Pero deixo os comentarios, e ao xuizoso lector, que por conta propia faga observacións e estableza analoxías”.

Páxina 157: “...,despídome por fin neste punto de todos os meus amados lectores”.

COMENTARIO: Aos ollos de Gulliver, o lector é curioso, imaxinativo, indulxente, que le ao autor, que cualifica cousas, que se recrea, que está en contra do autor, censor e xuizoso. Son características que lle confire Gulliver ás persoas que len a súa obra sobre as súas viaxes. É unha forma de conseguir a súa complicidade no medio da narración. E ao mesmo tempo deixa claro que a última palabra é das persoas que len a obra. De novo, o lector aparece de forma nítida e o autor lle dá unha gran importancia, como se o libro non valese nada sen a participación de quen le o libro. E consegue ter un espazo propio durante toda a obra.

Comentarios del libro "Los Viajes de Gulliver" 3

7. TEXTOS A COMENTAR

A. REFERENCIA DIRECTA AO LECTOR: En todo o libro hai 35 referencias directas ao lector. Son as que seguen.

CAPÍTULO 1. VIAXE A LILIPUT.
- Páxina 3: “Non sería oportuno, por varias razóns, molestar ao lector cos detalles das nosas aventuras naquelas aguas. Baste decirlle que na travesía das Indias Orientais fumos arroxados por unha violenta tempestade ao noroeste da terra de Van Diemen”

- Páxina 4: “O lector creerame si lle digo que este rato foi para min de gran molestia”.

-Páxina 9: “Cento cincuenta destas camas, unidas unhas con outras, daban o ancho e o longo; a cada unha se superpuxeron tres máis, e, sen embargo, pode crerme o lector se lle digo que non me preocupaba en absoluto a idea de caerme ao chan, que era de pedra pulimentada”.

-Páxina 13: “…e necesitou a opinión dalgúns dos seus sabios que tíñana próximos, opinións que foron variadas e apartadas, como o lector pode ben imaxinar sen que eu llas repita, aínda, desde logo, non puiden entendelas moi perfectamente.

- Páxina 13: “E acerca del quero, contando coa paciencia do lector, estenderme un pouco…”

- Páxina 16: “Pero como o lector pode que sinta curiosidade por ter unha idea do estilo e modo de expresión peculiar deste pobo, así como por coñecer os artigos en virtude dos que recobrei a liberdade,..”

- Páxina 17: “O lector poderá advertir que no último artigo ditado...”

- Páxina 18: “Por onde pode o lector formarse unha idea do inxenio daquel pobo, así como da prudente e exacta economía de tan gran príncipe”.

- Páxina 19: “Pero non quero anticipar ao lector máis descricións desta natureza porque resérvoas para un traballo máis serio que xa está case para entrar en prensa e que contén unha descrición xeral deste imperio desde a súa fundación...”

Páxina 23: “...,e das que fago graza aos lectores...”

Páxina 23: “Pero non quero molestar ao lector con estes detalles”.

Páxina 23: “Recordará o lector que cando firmei os artigos en virtude dos que recobrei a liberdade...”.

Páxina 30: “Pode resultar oportuno informar ao lector dunha intriga secreta que durante dous meses estivo urdíndose contra min”.

Páxina 34: “non molestarei ao lector coa relación detallada do meu recibimento nesta corte,..”.

Páxina 35: “non molestarei ao lector relatando as dificultades nas que me atopei para, con axuda de certos canaletes...”

Páxina 36: “demasiadas para que moleste agora ao lector co seu relato”.

Páxina 37: “Non molestarei ao lector coa relación detallada desta viaxe...”

CAPÍTULO 2. VIAXE A BROBDINGNAG
Páxina 55: “Quero ofrecer ao lector agora unha corta descrición deste país, en canto eu viaxei por el, que non paso de dúas mil millas en contorno de Lorbrulgrud,...”.

Páxina 73: “Xa referín ao lector que no lado da miña caixa que non tiña fiestra había dous fortes colgadeiros...”

Páxina 77: “A travesía foi moi próspera e non molestarei ao lector cun diario dela”.

Páxina 78: “aínda que o meu destino desgraciado, dispuxo de modo que ela non puido estorbalo, como verá o lector máis adiante”.

CAPÍTULO 3. VIAXE A LAPUTA, BALNIBARBI, LUGGNAGG, GLUBBDUBDRIB E O XAPÓN.
Páxina 80: “Pero ao fin de non molestar ao lector cunha relación detallada das miñas desventuras, direi só que ao quinto día cheguei á última illa que se me ofrecía á vista...”

Páxina 83: “Era preciso dar esta explicación ao lector, sen a que se vira tan desorientado coma min, para comprender o proceder destas xentes cando me conduciron polas escadas ata a parte superior da illa e de alí ao pazo...”

Páxina 103: “Sería fatigosa para o lector a referencia do gran número de xentes esclarecidas que foron chamadas para satisfacer o desexo insaciable de ver ante min o mundo nas diversas idades da antigüidade”.

Páxina 106: “...-pois supoño que non necesito dicir aos lectores que no que veño dicindo no trato no máis mínimo de mirar polo meu país-:”

Páxina 114: “O lector poderá con facilidade crer que, a causa do que acababan de mirar e oír, minguou moito o meu apetito de vivir eternamente...”

Páxina 114: “Pensei que este relato sobre os struldbrugs podía ser dalgún interese para o lector, porque me parece que se sae do acostumado; ao menos, eu non recordo ver nada semellante en ningún libro de viaxes dos que chegaron as miñas mans”.

CAPÍTULO 4. UNHA VIAXE AO PAÍS DOS HOUYHNHNMS.
Páxina 123: “Pero ao pouco tempo acomodeime mellor, como o lector verá máis adiante, ao tratar circunstancialmente o meu modo de vivir”.

Páxina 125: “Xa dixen ao lector que polas noites, cando a familia se foi á cama, era o meu costume espirme e taparme coas roupas”.

Páxina 130: “Permítome advertir ao lector que o seguinte extracto de moitas conversas que co meu amo sostiven contén un sumario dos extremos de máis consecuencia...”

Páxina 137: “Quizá o lector está a punto de marabillarse de cómo podía eu decidirme a facer unha tan franca pintura da miña propia especie entre unha raza de mortais xa demasiado posta a concebir a máis baixa opinión do xénero humano,...”

Páxina 137: “Vou ter co lector a inxenuidade de confesar que aínda había un motivo moito máis poderoso para a franqueza que puxen na miña descrición das cousas...”

Páxina 140: “Porque xa dixen ao lector en que modo fun atacado por aqueles animais odiosos a raíz da miña chegada; e despois, dúas ou tres veces estiven a punto de caer entre as súas garras, coa ocasión de andar vagando a algunha distancia sen navalla”.

Páxina 141: “Como vivín tres anos naquel país, supoño que o lector esperará que, a exemplo dos demais viaxeiros, lle de algunha noticia das maneiras e costumes dos habitantes, os que era natural que constituísen o principal obxecto do meu estudo”.

Páxina 145: “Con moito gusto, estendereime máis falando dos costumes e as virtudes deste pobo excelente; pero como intento publicar dentro de pouco un volume dedicado exclusivamente a esta materia, a el remito ao lector. E, en tanto, procederei a referir a miña catástrofe”.

COMENTARIO: O autor utiliza de forma constante unha fórmula para ter implicado ao lector na súa historia. Parece como que pretende darlle unha lección de moralidade ás persoas que están lendo, pero dun xeito que é imposible que non se sintan alleos á historia. O lector forma parte directa das catro viaxes que fai Gulliver. Son como parénteses, que rachan coa narración e introducen unha chamada de atención ao lector, explicándolle algunha cuestión que ten que ver coa historia ou o seu sentido. Semella que se non estivera o lector, para nada serviría o que está a contar.

Comentarios del libro "Los Viajes de Gulliver" 2

4. PERSONAXES.
Hai multitude de personaxes, aínda que só uns poucos en cada viaxe son os principais:

Gulliver: é o protagonista. Extrovertido, intelixente, valente, ousado, dócil e amable. Sembre con boa actitude, sofre bastante no relato e toma as cousas a conciencia. Tódalas historias o cambian, sobre todo a última, experiencia que o transforma totalmente.

O Rey de Liliput: hospitalario, pero ambicioso sen límites porque só pensa en gobernar o país veciño. Ao principio non quería que Gulliver se marchara, pero o convencen e termina aceptando unhas normas que os seus ministros e o seu tesoureiro impoñen.

Glumdalclitch ou coidadora: coida de Gulliver na súa aventura en Broddingnag. Está sempre pendente del e téñense cariño. É a filla do labrego que o recolleu ao comezo da historia que se narra no segundo capítulo. Sae favorecida xa que Gulliver a mantén no pazo.

Laputanos: Aferrado ás matemáticas e á astronomía. As súas roupas teñen sempre astros. Gulliver non os comprende.

Habitantes de Balnibarbi, Glubbdubdrib e Luggnagg. Na terceira viaxe aparecen os habitantes de tres mundos diferentes. Os de Balnibarbi eran fieros e teñen aspectos de pobres e están vestidos con harapos. En Glubbdubdrib enséñanlle a verdadeira filosofía. Os luggnaggianos son xente cortés e desprendida. Amósanse amables cos forasteiros.

O amo houyhnhnm é un cabalo que razoa. Compórtase moi ben con Gulliver. Ensínalle o idioma do país e ábrelle o seu mundo. Gulliver ten un altísimo concepto deste amo e da súa raza. Por iso, quere quedarse e non voltar a Inglaterra.

Os serventes yahoos: homes salvaxes que se alimentan de ratas e gatos. É horrendo e malvado aos ollos de Gulliver.

5. ESTILO
É un estilo de divulgación de viaxes, onde inclúe a invención de culturas estrañas e salvaxes, diseñadas dliberadamente para remover as conciencias dos lectores. Ao comezo parece máis unha historia para nenos, pero a medida que se pasa a novos capítulos, convértese máis ben nunha sátira política.

Está contada en primeira persoa, aínda que ao comezo de cada capítulo, un narrador adiante en dúas ou tres frase, o que vai a facer o autor no capítulo.

Ás veces parece que o narrador é coral (fai partícipe ao lector do que está a contar) e outras veces está enviando avisos ao lector, incluso facéndolle algunha recomendación ou desculpándoes. Os diálogos son case todos en estilo indirecto, aínda que algunha vez dálle voz a algún dos seus interlocutores:

Páxina 30: “O seu discurso foi así concebido, pois tomei notas del tan pronto como quedei so:
Saberedes –dixo- que recentemente reuníronse varias comisións de consello co maior secreto e sodes vos o motivo; e fai non máis que dous días, a súa Maxestade tomou unha resolución definitiva”.
Recolle algúns textos de normas e cartas, caso do documento polo que Gulliver recobra a liberdade:
Páxina 16: “Golbasto Momaren Evlame Gurdilo Shefin Mully Ully Gue, muy poderoso emperador de Liliput, delicia y terror del universo, con dominios que se extenden cinco mil blustrugs – unhas doce millas en circunferencia- cara os confíns do globo; monarca de tódolos monarcas, máis alto que os fillos dos homes...”
6. VALORES
As Viaxes de Gulliver é un libro que se centra sobre todo nos valores do xénero humano. E ademais, Jonathan Swift pretende dar unha especie de lección, ou polo menos quere facer partícipe aos lectores, dos problemas que afectan á humanidade pola súa forma de ser e os valores que ten. Ao final das súas aventuras, semella que Gulliver alcanzou a perfección e agora a busca en tódalas partes e persoas que o rodean.
Pero, ¿cales aparecen na obra? Son:

Xustiza social: os políticos no libro preocúpanse de cousas inútiles e do seu propio ascenso. Gulliver amosa á corte de Liliput ao lector e lle fai partícipe das súas impresións. Exemplo: as dúas faccións principais disputan por unha cuestión tan absurda como por qué lado debe romperse un ovo para comelo.

Tolerancia: Gulliver atópase con xente que en nada se parecen a el. Intenta aprender deles e non os xuzga, e viceversa. O autor introduce ao lector nun mundo onde hai diversas formas de ver as cousas e a nosa non é necesariamente a única e verdadeira. Exemplo: o amo houynhnhns acepta a Gulliver, o yahoo, que é un ser inferior. Tamén Gulliver acepta ao seu amo cabalo, ata o punto que pensa que son o único que vale a pena.

Integridade, honestidade e lealdade. Se se teñen estas virtudes, non importa o tamaño nin o aspecto físico. En Liliput, Gulliver descubre que os máis pequenos son malos e envidiosos. En Brobdingnag, en cambios os xigantes son xenerosos e bos.

Intelixencia: Gulliver amosa sempre un pensamento racional, sen deixar levarse polas ambicións nin delirios de grandeza. Diante desto amosa aos habitantes de Laputa, incapaces de pensar de forma lóxica.

Imaxinación: En Laputa, Gulliver amósanos a nós, como lectores, a imaxinación dos seus habitantes e a súa importancia no seu discurso.

Curiosidade: Gulliver sempre está viaxando e aprendendo. Coñece lugares e xentes diferentes, o que o enriquecen ata o punto de convertilo nunha persoa distinta.

Comentarios del libro "Los Viajes de Gulliver"

1. BIOGRAFÍA.
Jonathan Swift naceu en Dublín no ano 1667 e morreu en 1745 na mesma cidade. Escritor, político e satírico anglo-irlandéz, é considerado un dos maestros da prosa en inglés e dos máis apaixonados satirizadores da loucura e a arrogancia humanas. Os seus numerosos escritos políticos, textos en prosa, cartas e poemas teñen como característica común o uso dunha linguaxe efectiva e económica.

2. O LIBRO
As viaxes de Gulliver é a obra maestra de Swift. Viaxes a varios lugares remotos do planeta foi publicada como anónimo en 1726 e obtivo un éxito inmediato. A pesar de que foi orixinariamente escrita como unha sátira, un ataque ácido e alegórico contra a vaidade e a hipocresía das cortes, os homes de estado e os partidos políticos do seu tempo, o autor foi engadindo, durante os seis anos que tardou en escribila, desgarradoras reflexións acerca da natureza humana. As viaxes de Gulliver é, polo tanto, unha obra salvaxemente amarga e, en ocasións, indecente, unha desabrida burla á sociedade inglesa do seu tempo e por extensión ao xénero humano. Aínda así, é unha narración tan imaxinativa, inxeniosa e sinxela de ler, que o primeiro libro permaneceu como un clásico da literatura infantil. O cuarto libro, Gulliver no pais dos huim, elimínase de moitas edicións xuvenís pola súa excesiva mordacidade, xa que no fondo o que está propoñendo Swift é que a compañía dos animais, dos cabalos, concretamente, é preferible e máis estimulante que a de moitos humanos.

3. ARGUMENTO.
A historia desenvólvese entre 1699 e 1727. Narra parte da vida do doutor Gulliver durante catro viaxes que fai polo mundo e que o levan a mundos fantásticos.
Na súa primeira viaxe chega a Liliput, despois dun temporal que fai naufragar o seu barco. Os habitantes son diminutos e Gulliver semella un xigante. Trátano ben, pero desde a súa chegada queren desfacerse del porque pensan que será unha molestia e que non terán suficientes alimentos para alimentalo. Axuda a conseguir a flota do reino enemigo, pero despois a cousa complícase e fuxe ao país enemigo dos liliputienses, que o axudan a voltar a Inglaterra.

Na súa segunda viaxe acaba en Broddingnag. Os habitantes deste país son máis grandes que el. Convértese nun anano fronte aos xigantes deste estrano lugar. Atópao un granxeiro que o explota coa axuda da súa filla, que lle quere ben. Chegan ao Pazo Real e é mercado pola Raíña. A filla do granxeiro quédase e coida del. No pazo sofre o acoso dun anano e ten varias aventuras (captúrao un mono e a piques está de perder a vida nun tellado. Despois dunha viaxe á costa, unha aguia traslada a súa casa de viaxe e o deixa no mar, onde é rescatado por un barco que o leva de volta a Inglaterra.

No terceiro viaxe chega a Laputa. Embarcado de novo, uns piratas fanse co seu barco e o deixan nunha illa. É acollido polos veciños deste país que viven nunha illa voadora. A súa cultura é moi distinta. Logo de moitas entrevistas con preguntas e respostas, baixa ao mundo terrenal a Balnibarbi. O acolle un gran señor, viaxa á Academia de Lagado e descubre as artes absurdas ás que se adican os do lugar. Pero quere voltar e, primeiro arriba en Maldonada, cunha breve estancia en Glubbdubrib, chega a Luggnagg. É arrestado, pero despois de aclarado o asunto, viaxa a Xapón. Volta a súa casa, vía Amsterdam.

Na súa cuarta e última aventura, tras una accidentada e tráxica viaxe, é abandonado nunha illa polos seus mariñeiros que, convencidos por uns piratas, apresan a súa embarcación. Alí coñece aos yahoos e os houyhnhnms, homes serventes e cabalos amos que habitan este lugar. Afaise as virtudes dos houyhnhnms e empeza a detestar aos yahoos-homes. Pero a gran asemblea dos houyhnhnms pídenlle que deixe a súa terra, petición que cumpre moi ao seu pesar. Despois dunha viaxe na que é ferido, o recolle un barco portugués no que volta a Europa. Esta última viaxe cambia a Gulliver por completo, que non se acostuma a vida cos seres queridos porque xa interiorizou a vida, os costumes e as ideas dos houyhnhnms. Por iso merca uns cabalos cos que fala catro horas ao día e non soporta o olor dos humanos yahoos, como a súa muller e fillos.