domingo, 10 de febrero de 2008

Comentario sobre a película Jackie Brown de Tarantino 2

4. OS PERSONAXES.
Na primeira parte da película, preséntanse os personaxes. A duración da cinta (máis de dúas horas e media) permite unha recreación dos protagonistas, algunha incluso semella excesiva, caso de Ordell, pero tamén imprescindible para entender a súa maneira de actuar posterior. Os papeis principais son:

Jackie Brown: Azafata negra de 45 anos que vive unha situación laboral precaria, polo que ten que buscar outras fontes de ingresos a través da súa colaboración coa banda de Ordell, a quen lle fai contrabando de divisas. Pero descúbrena e vese asediada polos delincuentes e a polícia ao mesmo tempo. Está atrapada.

Ordell: Despiadado traficante de armas que se atopa con problemas cos seus subordinados. Desfaise de Beaumont porque canta á policía, pero non pode con Jackie Brown. Os seus colegas, Melanie e Louis Gara tamén o queren enganar.

Max Cherry: É un axente de fianzas, un ser perdido que conecta con Jackie Brown. Axudaranse mutuamente e a azafata terá nel o seu mellor apoio para saír do embrollo no que se meteu. Ao final xurde unha especie de amor entre eles.

Melanie: A inxenua rapaza, sempre vestida con roupa de praia, que vive con Ordell a quen quere enganar xunto con Louis Gara, que finalmente a asasina.

Ray Nicolette: Policía de aduanas que vixía a Jackie Brown e que lle ofrece o trato para desenmascarar a Ordell. As súas maneiras para convencer á azafata rallan ai legalidade e amosa na un policía que fará o que sexa para conseguira súa presa, sen importarlle para nada o que lle poida pasar a Jackie Brown.

Louis Gara: Foi compañeiro de celda na prisión de Ordell ea gora volta para xuntarse co seu antigo compañeiro tras cumprir una condena de catro anos por atraco a man armada.
Mark Dargus: Detective da policía que segue a pista da azafata Jackie Brown por introducir diñeiro de contrabando no país para Ordell.

5. ESTILO.
Existen dúas partes diferenciadas. Unha primeira na que se presentan os personaxes. Na primeira escena, Jackie Brown, acompañada pola música das películas de acción, desprázase polo aeroportos obre unha cinta automática, a continuación ponse acorrer e acaba fichando no traballo e collendo os billetes dos pasaxeiros; o prólogo de case 15 minutos con Ordell é imprescindible para comprender a trama posterior.

Ao mesmo tempo que caracteriza aos personaxes (Jackie Brown é capturada e aparece o axente de fianzas Max Cherry que empezan a coñecerse e a entenderse mutuamente), constrúese a intriga da película, unha segunda parte onde se misturan tres historias diferentes e cunha secuencia final complexa pero efectiva.

6. CARACTERÍSTICAS.
Hai unha serie de elementos singulares que caracterizan esta película :

- Unha excelente banda sonora con cancións dos anos 70, acorde coa atmósfera que pretende darlle o autor á película.
- Os diálogo son escuetos, onde abunda o humor negro e sutil. Na maioría dos casos, os temas son banais, incluso profundízase.
- A existencia da violencia e o sangue é unha constante no cine de Tarantino.
- Un guión ben resolto e escrito, baseado nunha novela de Elmore Leonard está ben escrito.
- É un xénero non moi utilizado nos últimos anos, como é o do xénero negro
- Ritmo narrativo aceptable, capaz de enganchar pero que perde forza ao final

7. O HIPERTEXTO.
Aparece na segunda parte da película, cando se desenvolve a intriga:

1) A intriga da película ocupa o eixo central da segunda parte e que se nutre de tres historias que irán despregándose a medida que pasan os minutos.
- Os protagonistas dunha das historias son os delincuentes (Ordell e Louis Gara).
- A policía desenvolve outra das tramas.
- Jackie e Max lideran a última.
As tres historias teñen o seu fío, pero vanse entremezclando unhas coas outras. Nútrense as historias e chocan as personaxes. É unha maraña complexa con tres narracións que sofren dous momentos importantes:
- o asasinato de Melanie
- a segunda entrega do diñeiro nuns probadores de roupa (aquí os feitos nárranse dun xeito minucioso e desde tres puntos de vista diferente)
2) A megasecuencia que relata o cambio do diñeiro no probador dunha tenda de mulleres. O tempo cinematográfico é maior que o tempo físico que ocupa a acción porque o importante é que se vexan as tres diferentes perspectivas desde as que se ve a acción. É a exploración doutros puntos de vista. Non hai tempo real. Só existe a percepción de cada un dos protagonistas e vanse sucedendo ata que o espectador se fai unha composición de lugar completa con diferentes puntos de vista. É unha composición fóra do tempo, voltándose atrás unha e outra vez, desde outros ángulos da cámara, ata completar o sentido coral da acción.

No hay comentarios: