4. PERSONAXES.
Hai multitude de personaxes, aínda que só uns poucos en cada viaxe son os principais:
Hai multitude de personaxes, aínda que só uns poucos en cada viaxe son os principais:
Gulliver: é o protagonista. Extrovertido, intelixente, valente, ousado, dócil e amable. Sembre con boa actitude, sofre bastante no relato e toma as cousas a conciencia. Tódalas historias o cambian, sobre todo a última, experiencia que o transforma totalmente.
O Rey de Liliput: hospitalario, pero ambicioso sen límites porque só pensa en gobernar o país veciño. Ao principio non quería que Gulliver se marchara, pero o convencen e termina aceptando unhas normas que os seus ministros e o seu tesoureiro impoñen.
Glumdalclitch ou coidadora: coida de Gulliver na súa aventura en Broddingnag. Está sempre pendente del e téñense cariño. É a filla do labrego que o recolleu ao comezo da historia que se narra no segundo capítulo. Sae favorecida xa que Gulliver a mantén no pazo.
Laputanos: Aferrado ás matemáticas e á astronomía. As súas roupas teñen sempre astros. Gulliver non os comprende.
Habitantes de Balnibarbi, Glubbdubdrib e Luggnagg. Na terceira viaxe aparecen os habitantes de tres mundos diferentes. Os de Balnibarbi eran fieros e teñen aspectos de pobres e están vestidos con harapos. En Glubbdubdrib enséñanlle a verdadeira filosofía. Os luggnaggianos son xente cortés e desprendida. Amósanse amables cos forasteiros.
O amo houyhnhnm é un cabalo que razoa. Compórtase moi ben con Gulliver. Ensínalle o idioma do país e ábrelle o seu mundo. Gulliver ten un altísimo concepto deste amo e da súa raza. Por iso, quere quedarse e non voltar a Inglaterra.
Os serventes yahoos: homes salvaxes que se alimentan de ratas e gatos. É horrendo e malvado aos ollos de Gulliver.
5. ESTILO
É un estilo de divulgación de viaxes, onde inclúe a invención de culturas estrañas e salvaxes, diseñadas dliberadamente para remover as conciencias dos lectores. Ao comezo parece máis unha historia para nenos, pero a medida que se pasa a novos capítulos, convértese máis ben nunha sátira política.
Está contada en primeira persoa, aínda que ao comezo de cada capítulo, un narrador adiante en dúas ou tres frase, o que vai a facer o autor no capítulo.
Ás veces parece que o narrador é coral (fai partícipe ao lector do que está a contar) e outras veces está enviando avisos ao lector, incluso facéndolle algunha recomendación ou desculpándoes. Os diálogos son case todos en estilo indirecto, aínda que algunha vez dálle voz a algún dos seus interlocutores:
Páxina 30: “O seu discurso foi así concebido, pois tomei notas del tan pronto como quedei so:
Saberedes –dixo- que recentemente reuníronse varias comisións de consello co maior secreto e sodes vos o motivo; e fai non máis que dous días, a súa Maxestade tomou unha resolución definitiva”.
Recolle algúns textos de normas e cartas, caso do documento polo que Gulliver recobra a liberdade:
Páxina 16: “Golbasto Momaren Evlame Gurdilo Shefin Mully Ully Gue, muy poderoso emperador de Liliput, delicia y terror del universo, con dominios que se extenden cinco mil blustrugs – unhas doce millas en circunferencia- cara os confíns do globo; monarca de tódolos monarcas, máis alto que os fillos dos homes...”
6. VALORES
As Viaxes de Gulliver é un libro que se centra sobre todo nos valores do xénero humano. E ademais, Jonathan Swift pretende dar unha especie de lección, ou polo menos quere facer partícipe aos lectores, dos problemas que afectan á humanidade pola súa forma de ser e os valores que ten. Ao final das súas aventuras, semella que Gulliver alcanzou a perfección e agora a busca en tódalas partes e persoas que o rodean.
As Viaxes de Gulliver é un libro que se centra sobre todo nos valores do xénero humano. E ademais, Jonathan Swift pretende dar unha especie de lección, ou polo menos quere facer partícipe aos lectores, dos problemas que afectan á humanidade pola súa forma de ser e os valores que ten. Ao final das súas aventuras, semella que Gulliver alcanzou a perfección e agora a busca en tódalas partes e persoas que o rodean.
Pero, ¿cales aparecen na obra? Son:
Xustiza social: os políticos no libro preocúpanse de cousas inútiles e do seu propio ascenso. Gulliver amosa á corte de Liliput ao lector e lle fai partícipe das súas impresións. Exemplo: as dúas faccións principais disputan por unha cuestión tan absurda como por qué lado debe romperse un ovo para comelo.
Tolerancia: Gulliver atópase con xente que en nada se parecen a el. Intenta aprender deles e non os xuzga, e viceversa. O autor introduce ao lector nun mundo onde hai diversas formas de ver as cousas e a nosa non é necesariamente a única e verdadeira. Exemplo: o amo houynhnhns acepta a Gulliver, o yahoo, que é un ser inferior. Tamén Gulliver acepta ao seu amo cabalo, ata o punto que pensa que son o único que vale a pena.
Integridade, honestidade e lealdade. Se se teñen estas virtudes, non importa o tamaño nin o aspecto físico. En Liliput, Gulliver descubre que os máis pequenos son malos e envidiosos. En Brobdingnag, en cambios os xigantes son xenerosos e bos.
Intelixencia: Gulliver amosa sempre un pensamento racional, sen deixar levarse polas ambicións nin delirios de grandeza. Diante desto amosa aos habitantes de Laputa, incapaces de pensar de forma lóxica.
Imaxinación: En Laputa, Gulliver amósanos a nós, como lectores, a imaxinación dos seus habitantes e a súa importancia no seu discurso.
Curiosidade: Gulliver sempre está viaxando e aprendendo. Coñece lugares e xentes diferentes, o que o enriquecen ata o punto de convertilo nunha persoa distinta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario