1. BIOGRAFÍA.
Jonathan Swift naceu en Dublín no ano 1667 e morreu en 1745 na mesma cidade. Escritor, político e satírico anglo-irlandéz, é considerado un dos maestros da prosa en inglés e dos máis apaixonados satirizadores da loucura e a arrogancia humanas. Os seus numerosos escritos políticos, textos en prosa, cartas e poemas teñen como característica común o uso dunha linguaxe efectiva e económica.
2. O LIBRO
As viaxes de Gulliver é a obra maestra de Swift. Viaxes a varios lugares remotos do planeta foi publicada como anónimo en 1726 e obtivo un éxito inmediato. A pesar de que foi orixinariamente escrita como unha sátira, un ataque ácido e alegórico contra a vaidade e a hipocresía das cortes, os homes de estado e os partidos políticos do seu tempo, o autor foi engadindo, durante os seis anos que tardou en escribila, desgarradoras reflexións acerca da natureza humana. As viaxes de Gulliver é, polo tanto, unha obra salvaxemente amarga e, en ocasións, indecente, unha desabrida burla á sociedade inglesa do seu tempo e por extensión ao xénero humano. Aínda así, é unha narración tan imaxinativa, inxeniosa e sinxela de ler, que o primeiro libro permaneceu como un clásico da literatura infantil. O cuarto libro, Gulliver no pais dos huim, elimínase de moitas edicións xuvenís pola súa excesiva mordacidade, xa que no fondo o que está propoñendo Swift é que a compañía dos animais, dos cabalos, concretamente, é preferible e máis estimulante que a de moitos humanos.
3. ARGUMENTO.
A historia desenvólvese entre 1699 e 1727. Narra parte da vida do doutor Gulliver durante catro viaxes que fai polo mundo e que o levan a mundos fantásticos.
Na súa primeira viaxe chega a Liliput, despois dun temporal que fai naufragar o seu barco. Os habitantes son diminutos e Gulliver semella un xigante. Trátano ben, pero desde a súa chegada queren desfacerse del porque pensan que será unha molestia e que non terán suficientes alimentos para alimentalo. Axuda a conseguir a flota do reino enemigo, pero despois a cousa complícase e fuxe ao país enemigo dos liliputienses, que o axudan a voltar a Inglaterra.
Na súa segunda viaxe acaba en Broddingnag. Os habitantes deste país son máis grandes que el. Convértese nun anano fronte aos xigantes deste estrano lugar. Atópao un granxeiro que o explota coa axuda da súa filla, que lle quere ben. Chegan ao Pazo Real e é mercado pola Raíña. A filla do granxeiro quédase e coida del. No pazo sofre o acoso dun anano e ten varias aventuras (captúrao un mono e a piques está de perder a vida nun tellado. Despois dunha viaxe á costa, unha aguia traslada a súa casa de viaxe e o deixa no mar, onde é rescatado por un barco que o leva de volta a Inglaterra.
No terceiro viaxe chega a Laputa. Embarcado de novo, uns piratas fanse co seu barco e o deixan nunha illa. É acollido polos veciños deste país que viven nunha illa voadora. A súa cultura é moi distinta. Logo de moitas entrevistas con preguntas e respostas, baixa ao mundo terrenal a Balnibarbi. O acolle un gran señor, viaxa á Academia de Lagado e descubre as artes absurdas ás que se adican os do lugar. Pero quere voltar e, primeiro arriba en Maldonada, cunha breve estancia en Glubbdubrib, chega a Luggnagg. É arrestado, pero despois de aclarado o asunto, viaxa a Xapón. Volta a súa casa, vía Amsterdam.
Na súa cuarta e última aventura, tras una accidentada e tráxica viaxe, é abandonado nunha illa polos seus mariñeiros que, convencidos por uns piratas, apresan a súa embarcación. Alí coñece aos yahoos e os houyhnhnms, homes serventes e cabalos amos que habitan este lugar. Afaise as virtudes dos houyhnhnms e empeza a detestar aos yahoos-homes. Pero a gran asemblea dos houyhnhnms pídenlle que deixe a súa terra, petición que cumpre moi ao seu pesar. Despois dunha viaxe na que é ferido, o recolle un barco portugués no que volta a Europa. Esta última viaxe cambia a Gulliver por completo, que non se acostuma a vida cos seres queridos porque xa interiorizou a vida, os costumes e as ideas dos houyhnhnms. Por iso merca uns cabalos cos que fala catro horas ao día e non soporta o olor dos humanos yahoos, como a súa muller e fillos.
domingo, 10 de febrero de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario